Unha obra en ciernes e outra xa próxima, cambiarán o faciana da Vila. A primeira e o ansiado paseo peonil de madeira que se comezou a facer en xullo aínda que esta programado para o 2009 e que que cambiará para ben a fisonomía do pobo e servirá para zona de lecer e paseo tan necesario sobre todo no verán.
Por outro lado o derrube "por fin" da estrutura do edificio da Piolla na Avda. da Toxa fronte ao edificio Lameiriña, derrube que parecía que non chegaba nunca.
Boas novas pois, que agardemos se sigan producindo nos vindeiros anos.
Non falei da falsa "peonalización" da rúa Ramón Encinas, que non foi para nada respectada polos condutores e na que non houbo nin vixilancia nin sancións, pero este é un tema xa vello, do que falamos o pasado ano o mesmo que do aparcadoiro, privado ou público segundo lle interese ao goberno municipal sexa para adecentar (entón é da Igrexa en non poden tocalo), temas que xa tocamos e seguro que seguirán sendo actualidade desafortunadamente no próximo verán.
Esperamos volver ver aos visitantes o próximo ano para alegrar as rúas, parques, terrazas e praias e que os saibamos agasallar como é debido para que sigan voltando moitos anos maís.




Un buen resumen del verano.
ResponderEliminarGracias Pilar.
ResponderEliminar