"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; destacando no norte os que se celebran en Pontedeume e Viveiro e no sur destacan as de Pontevedra e Poio, comarcas de Arousa, Morrazo e Redondela así como Ourense.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.
Os maios máis tradicionais e característicos teñen forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas e cascas de ovos. Son transportados por un neno que vai no seu interior, e canta unha estrofa ou di un refrán que repiten os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxendía, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc.
Tamén é normal ver nestas datas os coches engalanados con ramallos de mimosas polas rúas das vilas e cidades e tamén polas estradas e camiños rurais. Tradición que medra día tras día.
No concello de Poio celébrase a festa dos maios coa exhibición-concuso na praza do Mosteiro, na que participan diversos colexios e colectivos e na que se premian aos mais orixinais maios.
Animo á participación masiva nesta bonita tradición que ano tras ano vai medrando en cantidade e calidade.
Concurso do pasado ano





No hay comentarios:
Publicar un comentario