Translate

lunes, 29 de abril de 2013

Os Maios











"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; destacando no norte os que se celebran en Pontedeume e Viveiro e no sur destacan as de Pontevedra e Poio, comarcas de Arousa, Morrazo e Redondela así como Ourense.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.








Os maios máis tradicionais e característicos teñen forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas e cascas de ovos. Son transportados por un neno que vai no seu interior, e canta unha estrofa ou di un refrán que repiten os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxendía, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc.








Tamén é normal ver nestas datas os coches engalanados con ramallos de mimosas polas rúas das vilas e cidades e tamén polas estradas e camiños rurais. Tradición que medra día tras día.



No concello de Poio celébrase a festa dos maios coa exhibición-concuso na praza do Mosteiro, na que participan diversos colexios e colectivos e na que se premian aos mais orixinais maios.
Animo á participación masiva nesta bonita tradición que ano tras ano vai medrando en cantidade e calidade.





                                                          Concurso do pasado ano
                                 



















domingo, 21 de abril de 2013

Dous poemas en castelán de Ángela Ágís.

Nestes dous poemas, Ángela amosa sentimentos de optimismo e amor polos seus.




                                                                                                                    Ángela Agís Balboa








                             A mis hijos:




martes, 16 de abril de 2013

Poemas dende o paraíso




                              POEMAS DE ÁNGELA AGÍS BALBOA








                                     ÁNGELA AGÍS








viernes, 12 de abril de 2013

Pensamentos

MI PARAÍSO:

Mi paraíso......lo imagino azul y verde.
Mi paraíso......lo imagino inmenso.
Con sol, con lluvia, con calma y con viento.

Mi paraíso .....lo imagino en silencio.
Mi paraíso .....lo imagino en mi vida.
Con alma, con cuerpo, con noche y con día.

Con calor, con frío, en tardes y en mañanas.
Con ríos, lagos, valles y montañas.

Ya no lo imagino........lo veo tan cerca.
Sé que existe........aquí, al abrir la puerta.




Adicada a Lambert
ADEUS:

Hoxe dixo adeus un amigo
Hoxe marchou silencioso
Dixo adeus para sempre
Foise e deixounos orfos

E naceu unha nova vida
vida que é parte del
que antes da súa partida
brotou para florecer.