Tras o terrible atentado de Noruega véñenme á lembranza os días que pasei de vacacións hai algúns anos. Sorprendeume o pais pola tranquilidade e a cordialidade da xente. Apenas había tráfico e poucas autoestradas e os nenos xogaban na rúa sen ningún tipo de temor por parte dos pais. Nin a policía ía armada.
Tras este terrible acto, provocado por un tolo (senón non hai explicación), espero que a forma de ser deste pobo tan cortés e educado non cambie nunca e que este acto se lembre como algo excepcional que nunca debeu suceder.
Un abrazo Esther e toda a familia norueguesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario