Translate

martes, 26 de julio de 2011

ESES OUTROS PARAÍSOS PERDIDOS (Galicia Interior)

Hai pobos cun punto de tolemia, cun que sei eu, que non se sabe moi ben se é xenético ou un efecto contaxio, pero que os fai diferentes. De lonxe poden parecer pobos iguais a outros, coas súas rúas limpas os seus veciños que se saúdan pola rúa, coas súas murmuracións de praza, os seus amores e os seus desamores, pero cando un escarba un pouco e coñécellos de cerca, ve que hai moito máis.
Cada pobo ten algo que propio que o diferencia. E non falamos de monumentos, estatuas ou edificios, senón de espírito. Haino que despregan un sentimento emprendedor pouco común e son os reis dos proxectos pioneiros, as colaboracións e as campañas solidarias. Pobos con veciños máis afeccionados ao debate político que outros, nos que calquera acontecemento local convértese en asunto de Estado. Pobos musicais nos que a melodía é palabra e o son unha forma de vida.
Pobos de artistas nos que a pintura, a escultura, a escritura, ou a fotografía son artes cotiáns. Paraísos con praias (fluviais) recollidas e abrigadas pola paz da brisa e o rumor da auga. Verdes paraísos de mil matices habitados por árbores encantadas e trasnos, por camiños e sendas estreitas nas que cantan os paxaros. Paraísos con parada e fonda, e barras de bar que curan as penas a base de gastronomía celeste.
Paraísos onde perderse e atoparse, sos ou en compañía, onde gozar das cousas pequenas con calma e un pouco de tempo. Paraísos para os que non fai falta percorrer moitos quilómetros porque todos: están en Deza e Tabeirós.

(Extraído de LVDG 26/07/11)

sábado, 23 de julio de 2011

TOLOS!!!!

Tras o terrible atentado de Noruega véñenme á lembranza os días que pasei de vacacións hai algúns anos. Sorprendeume o pais pola tranquilidade e a cordialidade da xente. Apenas había  tráfico e poucas autoestradas e os nenos xogaban na rúa sen ningún tipo de temor por parte dos pais. Nin a policía ía armada.
Tras este terrible acto, provocado por un tolo (senón non hai explicación), espero que a forma de ser deste pobo tan  cortés e educado non cambie nunca e que este acto se lembre como algo excepcional que nunca debeu suceder.
Un abrazo Esther e toda a familia norueguesa.

lunes, 18 de julio de 2011

AFRICA: Outro paraíso


























Estas son fotos dunha recente viaxe por Tanzania e Quenia. Mais adiante anotarei algunhas das experiencias vividas nela.

domingo, 17 de julio de 2011

Verdades

Hai verdades relativas, verdades absolutas, verdades.....Durante esta fin de semana e como noutras ocasións xurden discusións mais ou menos acaloradas, cos amigos, sobre diferentes temas, a veces transcendentes outras non. Ao final sempre quedas coa dúbida se as afirmacións categóricas son en realidade unha parte sesgada (a que se aproxima a túa forma de ver as cousas) da realidade, e non a realidade como verdade absoluta. Quedo coa convicción da relatividade das afirmacións ainda que ésto tamén pode ser relativo, o que significaría que sería unha verdade absoluta, e dicir, a miña forma de ver as cousas sería unha realidade, absolutamente. Xuro que non bebín nadiña.

jueves, 14 de julio de 2011

O Paraíso

14 de xullo, lúa chea. Acabo de chegar a casa..Quedei en que ía  exponer as miñas ideas de forma espontánea segundo foi o día. Xornada de traballo relaxada. (algo de cirurxía menor, receitas e algunha patoloxía leve). Agora despois de tomar uns albariños, séntome na terraza ollando a lúa que se reflexa no mar (foto no facebook) agardando un novo día. A fin de semana en A Guarda e no Rosal. Tentarei escribir algo dende alí, Ésta foi a primeira historia do meu blog, espero que a próxima sexa mais amena.

Saúdos

Hoxe estréome no blog. Esto é unha proba. Mais adiante comentarei o se me ocurra no momento. Chao a tod@s.