Translate

viernes, 9 de diciembre de 2011

Londres, outro paraiso.

Recén chegado de Londres, viaxe que fago con frecuencia por estas datas. Cidade multicultural  e tradicional á vez, cosmopolita por excelencia. Chea de españois nestas datas previas ao Nadal. Paraíso das compras. Caos circulatorio a pesar de ter que pagar 10 libras cada vez que un coche entra á cidade e sen embargo o respecto e o civismo é o normal nas rúas. É imposible pasar de longo polos escaparates luxosamente decorados e non mercar agasallos para as festas, nas fabulosas tendas ou na multitude de mercadiños (Covent Garden. Camdel, Liverpool street....). Agora  toca facer balance da visita, e que sempre é positivo e que repetiré mais antes que tarde.





Agora.......agárdame París.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Asturias Paraíso Natural (Oviedo)

Plaza de la CatedralNa miña recente viaxe a Asturias atopeime cunha cidade marabillosa, cordial e elegante:
Oviedo (Uvieu), centro de turismo cultural, cruce de camiños, O Camiño de Santiago, e a Rota da  Prata; gran patrimonio monumental. Ten unha importante oferta museística que recolle a práctica totalidade do patrimonio histórico-artístico asturiano. Oviedo é hoxe unha cidade aberta e moderna de gran proxección internacional ao través dos  Premios Príncipe de Asturias.
Cidade limpa e acolledora. Boa gastronomía, fermosas paisaxes. Sóubome a pouco e espero voltar pronto.

martes, 11 de octubre de 2011

Amigos no Paraíso

. Antoine de Saint-Exupéry

O meu amigo,
Eu teño esa necesidade da súa amizade.
Teño unha sede dun compañeiro que me respecta,
litixio sobre a razón,
o peregrino de que o lume.
Ás veces teño necesidade de avanzar a calor como prometera
e descanso, alén de min mesmo,
en que a cita que será nosa.
Eu atopar a paz.
Ademais das miñas palabras torpe,
Ademais dos argumentos que podo enganar,
me considera, só para humanos
me honra o embaixador de crenzas,
costumes, o amor especial.
Se non de acordo, que exaltar menoscabarte distancia.
Pídese me preguntas como para o viaxeiro,
Eu, que como todos sentimos a necesidade de ser recoñecido,
Eu son puro en ti e eu para ti.
Eu é que preciso ir onde eu son puro.
Eles nunca foron a miña fórmula e as miñas aventuras
que relata o que son,
pero a aceptación de quen eu son che fixo
necesariamente leniente con aqueles aventuras e as fórmulas.
Eu son grata que eu recibín como eu son.
O que fago con un amigo que me xulga?
Se aínda loita, vai loitar un pouco para ti.
Eu teño necesidade de vós. Eu é que teño axudar a vivir.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Dende Galicja (Polonia)

Na miña recente viaxe a Polonia coñecín outra Galiza, tamén verde e bonito, pero coa diferenza de gusto estético para o esforzo que pon a xente en preservar a natureza é Galicja. Cracovia é unha cidade moi fermosa e dinámica e chea de tendas, mercados e terrazas. Noutra ocasión vou comentar o outro lado menos bonito (pero interesante) da miña visita á Polonia ou campo de concentración Austwich. Varsovia super-cidade moderna, limpa e chea de tendas (Zara, Mango ....) viaxe curta, pero intensa.













martes, 30 de agosto de 2011

Paraíso tranquilo

Bueno, a piques de rematar as miñas vacacións. Sigo en Raxó. Hoxe, día chuvioso e típico do final do verán ou principios do outono. En poucos días comenza a cotidianeidade do traballo, que en certo modo boto de menos, sobre todo cando non hai sol, a xente comenza a retornar das vacacións e vamos quedando os de sempre e algúns mais..
Penso que é o momento ideal para coñecer o Raxó mais auténtico. Non digo que o do verán non o sexa pero para os que coñecen o Raxó estival, deberían vir no outono ou no inverno para ver como é o pobo no día a día, sen terrazas, con chuvia e vento e a tranquilidade dunha vila mariñeira.
Estades convidados.

martes, 16 de agosto de 2011

Vacacións no paraíso

Pasado o ecuador do verán, Raxó está mais tranquilo, moitos veraneantes xa se foron pero segue o sol, e a calor non é tan abafante como en semanas anteriores, e siguen as vacacións. Ainda quedan inauguracións de locais. Mañá abre " LA TELE", a ver que nos depara.
Raxó, un paraíso.

sábado, 6 de agosto de 2011

Ónde queda o paraíso?

  "Donde Queda El Paraíso"
       (Sandra Mihanovich)


Perlas negras que veñen do mar
Barcos que se afunden deixando escapar
Ouro negro, ouro negro.

A túa boca é o porto donde quero ancorar
O teu corpo é o corpo donde quero navegar
Ouro negro, ouro negro.

E un anxo perdido  pregúntsea dónde está
E un anxo perdido pregúntase
Dónde quedou o paraíso, donde queda o paraíso.

Quero saber cal é a entrada
Que botón debo premer se a túa boca ou a túa mirada
Se o teu corpo é  a chegada
Dónde está o prometido
E dónde queda o prohibido
Se atopalo é o principio ou a fin

Será o teu paraíso, será o meu paraíso.

martes, 2 de agosto de 2011

VACACIÓNS NO PARAÍSO

Durante estes días de vacacións e aínda que pareza  mentira é cando menos tempo teño para bloggear. En dous minutos que teño, direi que non cambio este paraíso: con xente, sen xente, con coches, sen coches....Hai moitas cousas que mellorar pero neste tempo de lecer o importante e disfrutar da paisaxe, o clima e as persoas que están ao teu arredor.
E falando de disfrutar, vou dar un paseo ata a praia de Sta. Mariña.
Aburiño.

martes, 26 de julio de 2011

ESES OUTROS PARAÍSOS PERDIDOS (Galicia Interior)

Hai pobos cun punto de tolemia, cun que sei eu, que non se sabe moi ben se é xenético ou un efecto contaxio, pero que os fai diferentes. De lonxe poden parecer pobos iguais a outros, coas súas rúas limpas os seus veciños que se saúdan pola rúa, coas súas murmuracións de praza, os seus amores e os seus desamores, pero cando un escarba un pouco e coñécellos de cerca, ve que hai moito máis.
Cada pobo ten algo que propio que o diferencia. E non falamos de monumentos, estatuas ou edificios, senón de espírito. Haino que despregan un sentimento emprendedor pouco común e son os reis dos proxectos pioneiros, as colaboracións e as campañas solidarias. Pobos con veciños máis afeccionados ao debate político que outros, nos que calquera acontecemento local convértese en asunto de Estado. Pobos musicais nos que a melodía é palabra e o son unha forma de vida.
Pobos de artistas nos que a pintura, a escultura, a escritura, ou a fotografía son artes cotiáns. Paraísos con praias (fluviais) recollidas e abrigadas pola paz da brisa e o rumor da auga. Verdes paraísos de mil matices habitados por árbores encantadas e trasnos, por camiños e sendas estreitas nas que cantan os paxaros. Paraísos con parada e fonda, e barras de bar que curan as penas a base de gastronomía celeste.
Paraísos onde perderse e atoparse, sos ou en compañía, onde gozar das cousas pequenas con calma e un pouco de tempo. Paraísos para os que non fai falta percorrer moitos quilómetros porque todos: están en Deza e Tabeirós.

(Extraído de LVDG 26/07/11)

sábado, 23 de julio de 2011

TOLOS!!!!

Tras o terrible atentado de Noruega véñenme á lembranza os días que pasei de vacacións hai algúns anos. Sorprendeume o pais pola tranquilidade e a cordialidade da xente. Apenas había  tráfico e poucas autoestradas e os nenos xogaban na rúa sen ningún tipo de temor por parte dos pais. Nin a policía ía armada.
Tras este terrible acto, provocado por un tolo (senón non hai explicación), espero que a forma de ser deste pobo tan  cortés e educado non cambie nunca e que este acto se lembre como algo excepcional que nunca debeu suceder.
Un abrazo Esther e toda a familia norueguesa.

lunes, 18 de julio de 2011

AFRICA: Outro paraíso


























Estas son fotos dunha recente viaxe por Tanzania e Quenia. Mais adiante anotarei algunhas das experiencias vividas nela.

domingo, 17 de julio de 2011

Verdades

Hai verdades relativas, verdades absolutas, verdades.....Durante esta fin de semana e como noutras ocasións xurden discusións mais ou menos acaloradas, cos amigos, sobre diferentes temas, a veces transcendentes outras non. Ao final sempre quedas coa dúbida se as afirmacións categóricas son en realidade unha parte sesgada (a que se aproxima a túa forma de ver as cousas) da realidade, e non a realidade como verdade absoluta. Quedo coa convicción da relatividade das afirmacións ainda que ésto tamén pode ser relativo, o que significaría que sería unha verdade absoluta, e dicir, a miña forma de ver as cousas sería unha realidade, absolutamente. Xuro que non bebín nadiña.

jueves, 14 de julio de 2011

O Paraíso

14 de xullo, lúa chea. Acabo de chegar a casa..Quedei en que ía  exponer as miñas ideas de forma espontánea segundo foi o día. Xornada de traballo relaxada. (algo de cirurxía menor, receitas e algunha patoloxía leve). Agora despois de tomar uns albariños, séntome na terraza ollando a lúa que se reflexa no mar (foto no facebook) agardando un novo día. A fin de semana en A Guarda e no Rosal. Tentarei escribir algo dende alí, Ésta foi a primeira historia do meu blog, espero que a próxima sexa mais amena.

Saúdos

Hoxe estréome no blog. Esto é unha proba. Mais adiante comentarei o se me ocurra no momento. Chao a tod@s.