Translate

martes, 3 de septiembre de 2013

SETEMBRO EN RAXÓ

Rematou agosto. A punto de finalizar o verán e Raxó retoma a codidianeidade que se perde na temporada estival a pesares de que seguen as altas temperaturas que non nos abandonaron durante os últimos dous meses. Verán tranquilo que só foi enturviado polo shock que supuxo a traxedia ferroviaria de Santiago e polos incendios forestais dos últimos días.

Unha obra en ciernes e outra xa próxima, cambiarán o faciana da Vila. A primeira e o ansiado paseo peonil de madeira que se comezou a facer en xullo aínda que esta programado para o 2009 e que que cambiará para ben a fisonomía do pobo e servirá para zona de lecer e paseo tan necesario sobre todo no verán.
Por outro lado o derrube "por fin" da estrutura do edificio da Piolla na Avda. da Toxa fronte ao edificio Lameiriña, derrube que parecía que non chegaba nunca.
 










Boas novas pois, que agardemos se sigan producindo nos vindeiros anos. 
Non falei da falsa "peonalización" da rúa Ramón Encinas, que non foi para nada respectada polos condutores e na que non houbo nin vixilancia nin sancións, pero este é un tema xa vello, do que falamos o pasado ano o mesmo que do aparcadoiro, privado ou público segundo lle interese ao goberno municipal sexa para adecentar (entón é da Igrexa en non poden tocalo), temas que xa tocamos e seguro que seguirán sendo actualidade desafortunadamente no próximo verán.

Esperamos volver ver aos visitantes o próximo ano para alegrar as rúas, parques, terrazas e praias e que os saibamos agasallar como é debido para que sigan  voltando moitos anos maís.



sábado, 27 de julio de 2013

TRAXEDIA EN COMPOSTELA

Acabamos de pasar o Día de Galicia mais triste da historia. Tráxico accidente ferroviario con ducias de motos e feridos.
Na nosa memoria quedará para sempre esta data ata agora festiva e reivindicativa pero dende xa, terá tamén un lado amargo e tristeiro lembrando ás vítimas.
Agardemos que os feridos se recuperen pronto e que a xustiza aclare as responsabilidades e as autoridades solventen os posibles fallos na seguridade para que se minimice a posibilidade de que se volva a repetir algo parecido.


lunes, 24 de junio de 2013

Un San Xoán diferente.

Sempre disfrutei da noite de San Xoán aquí na Terra pero este ano e aproveitando que o día foi declarado festivo en Galicia decidín celebralo no pais veciño e concretamente na costa atlántica en Espinho con visitas a Aveiro e Braga. Ponte de catro días nos que disfrutei do sol, do relax que ofrecía o turismo saudable (piscina, jacuzzi, baño turco...). Gastronomía, incluíndo as sardiñas na noite mais corta do ano, bacallao, arroz de marisco....oferta hosteleira a prezos moi competitivos.



 
    VACACIÓNS SAUDABLES




    BACALHAU









    BRAGA

 
 
 
 
 
 
    MERCADIÑO DAS 2ª FEIRAS EN ESPINHO



       AS SARDIÑAS, POR SAN JOAO, QUE NON FALTEN







    COSTA NOVA


    AVEIRO









    ESPINHO


miércoles, 22 de mayo de 2013

Madrid vs Paraíso



Tras pasar esta fin de semana na capital do reino, vénme á cabeza  unha reflexión que non por obvia deixa de ser real. Imaxinábame como sería a miña vida se cambiara o meu ambiente rural actual polo da gran cidade. E despois de esta "reflexión" transcendental,afiánzase en min a idea de que vivir no paraiso non ten prezo e non o trocaría por nada....


 

Ruido, barullo, contaminación acústica ...e lumínica, aglomeracións, embotellamentos...e porqué non, tamén divertimento. Digamos que falo de MADRID



Silencio, sosiego, tranquilidade, calma.......paz, relax, natureza, mar. Digamos que falo de RAXÓ.


lunes, 29 de abril de 2013

Os Maios











"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; destacando no norte os que se celebran en Pontedeume e Viveiro e no sur destacan as de Pontevedra e Poio, comarcas de Arousa, Morrazo e Redondela así como Ourense.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.








Os maios máis tradicionais e característicos teñen forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas e cascas de ovos. Son transportados por un neno que vai no seu interior, e canta unha estrofa ou di un refrán que repiten os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxendía, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc.








Tamén é normal ver nestas datas os coches engalanados con ramallos de mimosas polas rúas das vilas e cidades e tamén polas estradas e camiños rurais. Tradición que medra día tras día.



No concello de Poio celébrase a festa dos maios coa exhibición-concuso na praza do Mosteiro, na que participan diversos colexios e colectivos e na que se premian aos mais orixinais maios.
Animo á participación masiva nesta bonita tradición que ano tras ano vai medrando en cantidade e calidade.





                                                          Concurso do pasado ano
                                 



















domingo, 21 de abril de 2013

Dous poemas en castelán de Ángela Ágís.

Nestes dous poemas, Ángela amosa sentimentos de optimismo e amor polos seus.




                                                                                                                    Ángela Agís Balboa








                             A mis hijos:




martes, 16 de abril de 2013

Poemas dende o paraíso




                              POEMAS DE ÁNGELA AGÍS BALBOA








                                     ÁNGELA AGÍS