Voltei dunha moi proveitosa viaxe polas Repúblicas Bálticas e Finlandia. Proveitosa en todos os puntos de vista: cultural (arquitectura, gastronomía, xeitos de vida....), paisaxística, e político-económico.
Con escala previa en Francfurt (Alemaña), cidade que xa visitara hai uns anos. Urbe chamada a Manhatan europea pero con apenas 700.000 habitantes, que combina perfectamente a arquitectura previa á 2ª Guerra Mundial, con impresionantes rañaceos. Boa cervexa e boas salchichas para pasar unhas horas antes de partir rumbo a Lituania.
As tres Repúblicas Bálticas son paisaxísticamente moi parecidas, apenas sen montañas e moi verde debido ao clima. As diferencias entre elas son principalmente culturais (lingüísticas e relixiosas)e económicas. As tres forman parte da U.E. Nos seus bosques abundan o carballo o abeto e o bidueiro. Impresionantes campos de colza que transforman en biodiesel e aceite comestible.
Vilna ou Vilnius, capital de Lituania, o pais mais relixioso (e católico) do mundo (xunto con Polonia). Cidade fermosa, chea de igrexas (Catedral, San Pedro e San Paulo, Santa Ana.....). Palacio barroco de Rundale (s. XVIII). Nas aforas, o Castelo de Trakai, no medio dun lago.
Letonia, xa mais luterana e menos relixiosa. Apenas sen industria, vive entre outras cousas de "vender" a súa cuota de CO2 a paises contaminantes. Os bosques son estatais. Riga, a capital, tamén moi fermosa. Destacan a catedral luterana (o edificio mais grande das tres repúblicas). O Parque Nacional da Agulla con frondosos bosques, regatos, e grutas. Non se ve nin un eucalipto, por certo.Estonia, único pais dos tres que xa utiliza o euro. Acaba de sair da crise tras catro anos de penurias, con recortes de salarios do 20% e subidas do IVE do 15 % agora son a envexa dos seus veciños. Se Lituania era o pais mais relixioso do mundo, Letonia está considerado o mais ateo. A súa lingua é parecida ao finés e ten declinacións.Tallín preciosa cidade que como nas outras dúas capitais, preto do 40% dos habitantes son rusos ou descendentes de rusos ainda que na última década mais de 200.00 marcharon da capital cara ao seu país de orixe. Destaca a catedral ortodoxa Nevsky e a luterana. A cidade vella foi declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO.
Tras tomar un ferry chegamos a Helsinki, cidade pequena, donde destaca o parque Sibelius, a praza do Senado e a igresa Tempeulaikko.
A uns 15 km de Helsinki sitúase a cidade de Porvóo, que data do s. XIV con casas de madeira ao longo dun río.
FRANCFURT
VILNA (VILNIUS)
Catedral
Palacio de Rundale
Castelo de Trakal
Castelo de Trakal
LITUANIA
Campos de colza
RIGA
Palacio de Rundale
LETONIA
Parque do Val da Agulla
TALLIN
Concello
Catedral ortodoxa
Praza do Concello
HELSINKI
Café Kappeli
Igrexa de Tempeulaikko
PORVÓO
Catedral
O meu xeito de ver as cousas, positivo, construtivo e crítico. Viaxes, natureza, actualidade....
Translate
martes, 12 de junio de 2012
martes, 24 de abril de 2012
Tabeirós-Montes..............O Paraíso existe (3)
MONUMENTOS DA NATUREZA E DO HOME
PAZO DE OCA: Está situado na parroquia de San Estevo de Oca, no concello da Estrada, Encóntrase no val do río Ulla, a uns 30 quilómetros ao sudeste de Santiago de Compostela. O pazo foi rematado no século XVIII xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. Coñecido como "O Versalles Galego".
IMAXES DO PAZO DE OCA:
![]() |
| Vista xeral da fachada |
![]() |
| Xardins e estanque |
![]() |
| Estanque |
![]() |
| Capela |
lunes, 23 de abril de 2012
Tabeirós-Montes................O Paraíso existe (2)
TORRE DE GUIMAREI E VILA DA ESTRADA:
Mais belezas da comarca de Tabeirós-Terra de Montes: nas aforas do núcleo urbano está Guimarei, parroquia da que destacamos a Torre e o Pazo. Trátase dunha torre, do século XII, de planta cadrada en estado semirruinoso, de orixe medieval, á que se pegou posteriormente o pazo que consta dunha planta cuadrangular que data do século XVII.
IMAXES DO PAZO E A TORRE:
PAZO
![]() |
| Fachada do pazo |
TORRE
![]() |
| Torre de Guimarei TORRE E PAZO Torre e Pazo entre maleza |
A ESTRADA
Capital da comarca de Tabeirós e Terra de Montes.
No casco urbano da Estrada (vila moderna e sen apenas monumentos históricos) podemos atopar rincóns moi fermosos e monumentos modernos nos que destaca a Casa do Concello recentemente reformada, a igrexa parroquial de San Paio e outros edificios modernistas que conforman o actual aspecto da nosa vila, próxima a acadar os 10.000 habitantes.
IMAXES DA VILA DA ESTRADA:
![]() |
| Centro urbano |
![]() |
| Casa do Concello |
![]() |
| Casa do Concello |
![]() |
| Casa Consistorial (últimas reformas) |
![]() |
| Igrexa de San Paio |
![]() |
| Palco da música (Alameda municipal) |
![]() |
| Alameda, de noite |
A ESTRADA DENDE O CEO
![]() |
| Vista aérea |
![]() |
| Antigo Instituto de ensino medio |
domingo, 22 de abril de 2012
Tabeirós-Montes..........O Paraíso existe (1)
PAISAXE RURAL NA ESTRADA
Na comarca de Tabeirós- Terra de Montes, atopamos un paraiso paisaxístico para evadirse do mundanal ruido. En varios capítulos poderemos ver unhas imaxes que nos amosan esta fermosa zona da Galicia interior. Aquí poderemos disfrutar de lugares marabillosos como a Lagoa de Olives entre os concellos de Forcarei e A Estrada, de orixe glaciar ou a fervenza do río Curantes na parroquia do mesmo nome. A parroquia de Berres, coñecida pola súa artesanía en madeira.
LAGOA SACRA DE OLIVES, BRAÑAS DE XESTOSO. LAGOA QUE CADA INVERNO COLLE AUGA, INCLUIDA NA REDE NATURA, E O PUNTO DE UNION ENTRE OS CONCELLOS DE FORCAREI E A ESTRADA, DA TERRA DE MONTES, E O DE SILLEDA, COMARCA DO DEZA.
IMAXES:
IMAXES:
![]() |
| Lagoa Sacra de Olives |
![]() |
| Lagoa de Olives (anoitecer) |
FERVENZA DO RIO DE CURANTES, EN POUSADA- PARROQUIA DE CURANTES, A ESTRADA. ESTAS FERVENZAS SON CONOCIDAS COMA OS MAIMONS DO RIO DE CURANTES OU PICHO DE CURANTES
![]() |
| Fervenza do Curantes (A Estrada) |
![]() |
| Fervenza do río Curantes DE VOLTA NA TERRA DE MONTES, ATOPAMOS A PARROQUIA DE BERRES, COÑECIDA POLA SÚA ARTESANÍA DA MADEIRA. O CRUCEIRO, DIANTE DA IGREXA. Cruceiro en Berres |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








































..jpg)










.jpg)



