A despedida como sempre en familia.
Comecei o 2014 viaxando a Madrid no tren Alvia desde Santiago e en pouco mais de 5 horas xa estabamos no mesmo centro da capital do reino. Seguen as celebracións. Noite de Reis coa marabillosa cabalgata y día 6 importante partido de liga entre o R. Madrid e o Celta.
En Madrid cear en barrios como Chueca ou no Madrid dos Austrias, unha verdadeira delicia para os cinco sentidos
Cea de Rei (noite do 5 de xaneiro)
Restaurante mexicano, por Chueca.
Partido de liga entre o Real Madid e o celta, o día de Reis
Estadio Santiago Bernabéu. Real Madrid-Celta
Xa de volta en Galicia. O día 18 de xaneiro gran Xantar de Confraternidade dos amigos da páxina de Raxó Activo do facebook. Para falar sen ordenadores, tablets ou móbiles por medio do acontecido no pasado ano e os propósitos para o presente. Pasámolo fenomenal.
Agardo para min, os meu e para todos en xeral, que o ano que estamos a estrear veña cheo de saúde, traballo e cousas boas. É, o mais cincero desexo para o 2014. Positividade ante todo e seguro que acadaremos aquelo que queremos.
Espero que a próxima entrada no meu blog sexa relacionada con mais viaxes e acontecementos positivos para min e para todos. Amen.




