Tras pasar esta fin de semana na capital do reino, vénme á cabeza unha reflexión que non por obvia deixa de ser real. Imaxinábame como sería a miña vida se cambiara o meu ambiente rural actual polo da gran cidade. E despois de esta "reflexión" transcendental,afiánzase en min a idea de que vivir no paraiso non ten prezo e non o trocaría por nada....
Ruido, barullo, contaminación acústica ...e lumínica, aglomeracións, embotellamentos...e porqué non, tamén divertimento. Digamos que falo de MADRID
Silencio, sosiego, tranquilidade, calma.......paz, relax, natureza, mar. Digamos que falo de RAXÓ.

