Translate

lunes, 28 de enero de 2013

RAXÓ, UN PARAÍSO TAMÉN NO INVERNO




Despois dunhas semanas de lecer fora da Vila (por eso de cambiar de aires), voltamos á rutina diaria.
Se no verán vivimos un Raxó bulideiro, nesta estación invernal (moi suave por certo nestes lares) podemos disfrutar das múltiples actividades que o pobo nos ofrece.

Raxó con apenas 1200 habitantes, é a parroquia mis pequena do concello. Ten 11 entidades de poboación (A Igrexa, Caneliñas, Espedregada, Lameiriña, Outeiro, praia, Portería, O Rego, A Serpe, Terradapedra e Valdemós). En inverno os valores térmicos medios son de 1oº e as precipitacións medias anuais son de 1500 mm. dos que no verán non chegan a 50 mm.




IMAXES DE RAXÓ:












ACTIVIDADE CULTURAL:

Dende a construción do Centro Cultural Xaime Isla, as actividades culturais se multiplican se ven a participación popular no é o desexable. No centro podemos asistir a conferencias, teatro, exposicións, biblioteca...O teléfono  de contacto é o 986770001 ext. 330.


Centro Cultural Xaime Isla Couto.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Outras asociacións culturais a destacar son a Asociación Cultural a Laxe, a Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó, fundada en 1998 ou o Consello Parroquial para actividades relixiosas e de culto.

Teléfonos de interese:

. C.C. Xaime Illa........986770001 ext 330
. Confraría San Gregorio......986741344
. Radio Poio...........................986770458
. C. Saúde..............................986741599
. Farmacia.............................986741490
. Colexio Espedreada............986740469




Para descansar, para pasear, acudir a actos culturais, terracear, de paso, de temporada, para vivir, mellor no paraíso...........Raxó, tamén en inverno. VEN A RAXÓ, voltarás, seguro.