Segundo a Galipedia, o outono é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas que, comeza co equinoccio de outono (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de xuño no hemisferio sur e o 21 de decembro no hemisferio norte).
Esta seria a acepción física ou astronómica da estación pero o OUTONO tamén é a estación da caída da folla, da chuvia, do recordo dos defuntos e celebración do ancestral Samaín e a antesala do Nadal.
O outono en Raxó:
En Raxó, nesta época son frecuentes as brétemas que non deixan ver o mar. A vida cotiá, xa sen os turistas que o invaden todo, pasa mais nos fogóns das casas, pois nesta época a cociña ule a bosque. As castañas e os cogomelos son base da gastronomia outonal. Ademais coa chegada do outono o corpo pídenos pratos quentes e fumeantes, que fagan desaparecer esa sensación de frío, polo que o corpo pídenos sopas e caldos.
COGOMELOS
As prendas de abrigo saen dos armarios e o paraugas faise un amigo imprescindible nas saídas ás rúas durante esta época. En Raxó as escasas tascas ou bares son o refuxio dos agüeiros no tempo de lecer. Este ano non teremos a de Quinco, por xubilación, pero abriron Amura e Acuña. O Frontera, onde podes almorzar a partir das sete, e para xantar é outra opción.....
BRÉTEMA EN RAXÓ
Convido por tanto a veciños e foráneos a visitar a nosa turística e mariñeira vila, para vivir ou visitar en calquera época do ano, tamén nesta estación.
logo (autor Sebas Rodríguez Outeda)




.jpg)