Este verán Raxó non foi o que se chama "un remanso de paz" destacando un tema conflitivo como foi o debate sobre a mal chamada " peonalización" da rúa Ramón Encinas na que vivo. A proposta de peonalizar ou restrinxir a circulación por esta rúa xa fora demandada pola asociación de veciños dende hai anos, debido á proliferación de terrazas e gran cantitade de vehículos que pasan por este "paseo" durante os meses de verán co conseguinte perigo de accidentes sobre todo a nenos pois ademais nas inmediacións hai un parque infantil.

estacionamento antes da normativa
(plataformas das terrazas e coches nas beirarrúas)
Despois de estudar as diferentes posturas, uns en contra (algúns hostaleiros) e outras a favor (a maioría da poboación), a finais de xullo entra en vigor a nova normativa, non deixando aparcar no tramo da rúa que pertence ao Concello de Poio pois o final da rúa xa é Sanxenxo. Polo que só se podería atravesar pero non aparcar neste tramo, establecéndose un horario para carga e descarga polas mañás de 9 a 12 horas. A pesares de que apenas se cumpríu a normativa por falta de vixilancia, incluso houbo unha campaña de recollida de sinaturas para revocar a orde de "peonalización".

Sinal de tráfico anunciando a "zona peonil"
Campaña de recollida de sinaturas contra a norma
Eu penso que a pesares de estar a favor desta solución, a medida fracasou porque apenas se cumpríu, desobedecendo de forma reiterada as ordenanzas municipais, tanto nos horarios de carga e descarga como do aparcamento en xeral. Deixábanse os coches diante dos bares e restaurantes....Se non se pon vixilancia (con cámaras de videovixilancia por exemplo) e non hai civismo, desgraciadamente o vindeiro ano seguiremos co mesmo problema.
demostración do incumprimento da norma.
Agora que a maioría dos veraneantes xa regresaron aos seus lugares de orixe penso que é tempo de recapacitar e ver os fallos e o que se fixo ben e mal. Buscar unha solución definitiva cun aparcadoiro de balde ou de pago (como na maioría dos concellos) e dar saída dunha vez por todas á rúa cara a estrada xeral, facendo a rúa unidireccional.
Tos loitamos por un futuro mellor para Raxó, evitando egoísmos e priorizando o interese xeral do pobo.
Para que non deixe de ser .......o Meu Paraíso.





