Voltei dunha moi proveitosa viaxe polas Repúblicas Bálticas e Finlandia. Proveitosa en todos os puntos de vista: cultural (arquitectura, gastronomía, xeitos de vida....), paisaxística, e político-económico.
Con escala previa en Francfurt (Alemaña), cidade que xa visitara hai uns anos. Urbe chamada a Manhatan europea pero con apenas 700.000 habitantes, que combina perfectamente a arquitectura previa á 2ª Guerra Mundial, con impresionantes rañaceos. Boa cervexa e boas salchichas para pasar unhas horas antes de partir rumbo a Lituania.
As tres Repúblicas Bálticas son paisaxísticamente moi parecidas, apenas sen montañas e moi verde debido ao clima. As diferencias entre elas son principalmente culturais (lingüísticas e relixiosas)e económicas. As tres forman parte da U.E. Nos seus bosques abundan o carballo o abeto e o bidueiro. Impresionantes campos de colza que transforman en biodiesel e aceite comestible.
Vilna ou Vilnius, capital de Lituania, o pais mais relixioso (e católico) do mundo (xunto con Polonia). Cidade fermosa, chea de igrexas (Catedral, San Pedro e San Paulo, Santa Ana.....). Palacio barroco de Rundale (s. XVIII). Nas aforas, o Castelo de Trakai, no medio dun lago.
Letonia, xa mais luterana e menos relixiosa. Apenas sen industria, vive entre outras cousas de "vender" a súa cuota de CO2 a paises contaminantes. Os bosques son estatais. Riga, a capital, tamén moi fermosa. Destacan a catedral luterana (o edificio mais grande das tres repúblicas). O Parque Nacional da Agulla con frondosos bosques, regatos, e grutas. Non se ve nin un eucalipto, por certo.Estonia, único pais dos tres que xa utiliza o euro. Acaba de sair da crise tras catro anos de penurias, con recortes de salarios do 20% e subidas do IVE do 15 % agora son a envexa dos seus veciños. Se Lituania era o pais mais relixioso do mundo, Letonia está considerado o mais ateo. A súa lingua é parecida ao finés e ten declinacións.Tallín preciosa cidade que como nas outras dúas capitais, preto do 40% dos habitantes son rusos ou descendentes de rusos ainda que na última década mais de 200.00 marcharon da capital cara ao seu país de orixe. Destaca a catedral ortodoxa Nevsky e a luterana. A cidade vella foi declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO.
Tras tomar un ferry chegamos a Helsinki, cidade pequena, donde destaca o parque Sibelius, a praza do Senado e a igresa Tempeulaikko.
A uns 15 km de Helsinki sitúase a cidade de Porvóo, que data do s. XIV con casas de madeira ao longo dun río.
FRANCFURT
VILNA (VILNIUS)
Catedral
Palacio de Rundale
Castelo de Trakal
Castelo de Trakal
LITUANIA
Campos de colza
RIGA
Palacio de Rundale
LETONIA
Parque do Val da Agulla
TALLIN
Concello
Catedral ortodoxa
Praza do Concello
HELSINKI
Café Kappeli
Igrexa de Tempeulaikko
PORVÓO
Catedral



























