Translate

martes, 24 de abril de 2012

Tabeirós-Montes..............O Paraíso existe (3)






                                    
                          MONUMENTOS DA NATUREZA E DO HOME



PAZO DE OCA: Está situado na parroquia de San Estevo de Oca, no concello da Estrada, Encóntrase no val do río Ulla, a uns 30 quilómetros ao sudeste de Santiago de Compostela. O pazo foi rematado no século XVIII xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. Coñecido como "O Versalles Galego".




IMAXES DO PAZO DE OCA:



Vista xeral da fachada

Xardins e estanque

Estanque
Capela
Fachada principal











No río Ulla  atopamos os coutos salmoneiros de Ximonde, Couso e Sinde. O Couto de Ximonde é un imporante couto salmoneiro donde os amantes deste deporte poden disfrutar da pesca diferentes artes.             
En Ximonde os pescadores  reúnense para pescar, pero sobre todo para disfrutar do Río Ulla e da privilexiada paisaxe da zona.




 RÍO ULLA
Couto de Ximonde




PASARELA SOBRE O RÍO
Pasarela recentemente reconstruída





PONTE COLGANTE

Pasrela sobre o Ulla no couto de Couso






RÍO ULLA - PONTEVEA
Ponte romana (Pontevea)







lunes, 23 de abril de 2012

Tabeirós-Montes................O Paraíso existe (2)


                                       




                                          TORRE DE GUIMAREI E VILA DA ESTRADA:




Mais belezas da comarca de Tabeirós-Terra de Montes: nas aforas do núcleo urbano está Guimarei, parroquia da que destacamos a Torre e o Pazo. Trátase dunha torre, do século XII, de planta cadrada en estado semirruinoso, de orixe medieval, á que se pegou posteriormente o pazo que consta dunha planta cuadrangular que data do século XVII.



IMAXES DO PAZO E A TORRE:

                                                                             PAZO
Fachada do pazo



                                                                             TORRE
Torre de Guimarei





TORRE E PAZO


Torre e Pazo entre maleza




                                                                    A ESTRADA

Capital da comarca de Tabeirós e Terra de Montes.
No casco urbano da Estrada (vila moderna e sen apenas monumentos históricos) podemos atopar rincóns moi fermosos e monumentos modernos nos que destaca a Casa do Concello recentemente reformada, a igrexa parroquial de San Paio e outros edificios modernistas que conforman o actual aspecto da nosa vila, próxima a acadar os 10.000 habitantes.






IMAXES DA VILA DA ESTRADA:


Centro urbano

Casa do Concello

Casa do Concello
Casa Consistorial (últimas reformas)




Igrexa de San Paio


Palco da música (Alameda municipal)
Alameda, de noite

                                                           A ESTRADA DENDE O CEO
Vista aérea


Antigo Instituto de ensino medio
  •                                                       

domingo, 22 de abril de 2012

Tabeirós-Montes..........O Paraíso existe (1)





                                          PAISAXE  RURAL NA ESTRADA



Na comarca de Tabeirós- Terra de Montes, atopamos un paraiso paisaxístico para evadirse do mundanal ruido. En varios capítulos poderemos ver  unhas imaxes que nos amosan esta fermosa zona da Galicia interior. Aquí poderemos disfrutar de lugares marabillosos como a Lagoa de Olives entre os concellos de Forcarei e A Estrada, de orixe glaciar ou a fervenza do río Curantes na parroquia do mesmo nome. A parroquia de Berres, coñecida pola súa artesanía en madeira.



LAGOA SACRA DE OLIVES, BRAÑAS DE XESTOSO. LAGOA QUE CADA INVERNO COLLE AUGA, INCLUIDA NA REDE NATURA, E O PUNTO DE UNION ENTRE OS CONCELLOS DE FORCAREI E A ESTRADA, DA TERRA DE MONTES, E O DE SILLEDA, COMARCA DO DEZA.





IMAXES:

Lagoa Sacra de Olives
Lagoa de Olives (anoitecer)







FERVENZA DO RIO DE CURANTES, EN POUSADA- PARROQUIA DE CURANTES, A ESTRADA. ESTAS FERVENZAS SON CONOCIDAS COMA OS MAIMONS DO RIO DE CURANTES OU PICHO DE CURANTES




Fervenza do Curantes (A Estrada)

Fervenza do río Curantes








DE VOLTA NA TERRA DE MONTES, ATOPAMOS  A PARROQUIA DE BERRES, COÑECIDA POLA SÚA ARTESANÍA DA MADEIRA. O CRUCEIRO, DIANTE DA IGREXA.



Cruceiro en Berres