Oviedo (Uvieu), centro de turismo cultural, cruce de camiños, O Camiño de Santiago, e a Rota da Prata; gran patrimonio monumental. Ten unha importante oferta museística que recolle a práctica totalidade do patrimonio histórico-artístico asturiano. Oviedo é hoxe unha cidade aberta e moderna de gran proxección internacional ao través dos Premios Príncipe de Asturias.
Cidade limpa e acolledora. Boa gastronomía, fermosas paisaxes. Sóubome a pouco e espero voltar pronto.